PACIENTES

A pesar de vivir na sociedade da información, moitos pacientes teñen dúbidas  antes de enfrontarse a un procedemento cirúrxico ou diagnóstico con anestesia  e incluso xorden preguntas despois de ter a entrevista co anestesiólogo.

O obxectivo desta páxina é dar información sobre as dúbidas máis  habituais.  Trátase de información xeral que pode non adecuarse ao seu caso, porque é necesario contextualizar o seu estado de saúde e o tipo de cirurxía para  individualizar os riscos e a técnica anestésica. Estés aspectos sempre deben ser consultados co anestesiólogo que o atenda.

 

1. ¿Que é e para que serve a anestesia?

A anestesia é un acto médico realizado por un médico/a anestesiólogo/a, encargado/a de vixialo coa axuda de monitores que medirán as súas constantes durante todo o proceso anestésico e de indicar o tipo de técnica anestésica máis adecuada conforme o seu estado de saúde, o uso de tratamentos concomitantes e o tipo de intervención a realizarlle, co obxectivo de ofrecerlle unha asistencia de calidade e máxima seguridade.

A anestesia é un acto imprescindible para lograr unhas condicións seguras que permitan realizar a maioría das intervencións cirúrxicas e determinadas probas diagnósticas ou terapéuticas, ben sexan con ingreso ou de forma ambulatoria.

 

2.- ¿Como se realiza?

Para anestesialo é preciso pinchar unha vea para a administración de fármacos e fluídos, xeralmente na man ou no brazo. Como alternativa a este acceso ou como necesidade ante unha intervención longa e complexa, poida que necesite monitorización invasiva (catéteres en veas e arterias en pescozo, tórax ou ingua), o cal entraña riscos engadidos ao poder lesionar estas estruturas próximas (lesións pulmonares, hematomas, lesións nerviosas e outras menos frecuentes).

 

3. Tipos  de anestesia

Pódese usar unha técnica soa ou unha combinación de varias. As principais  técnicas son:  

Anestesia xeral

A través de vía intravenosa e/ou inhalatoria administraránselle fármacos que o levarán a un estado reversible de perda de conciencia, analxesia e relaxación muscular; pódese deprimir a respiración e ser necesario colocar un dispositivo por boca ou nariz a través do cal manterase a ventilación pulmonar o tempo necesario conectado a unha máquina de anestesia.

Sedación farmacolóxica

 Coa administración de fármacos anestésicos e/ou analxésicos realizarase o procedemento de xeito confortable para vostede. Necesítase a mesma preparación, vixiancia e precaución que coa anestesia xeral. Non sempre é posible predicir o punto de transición entre a sedación consciente, inconsciente e anestesia xeral.

Anestesia locorrexional

Consiste na administración de anestésicos locais en diferentes zonas para eliminar a dor da rexión onde vai ser intervido (anestesia) ou para proporcionar analxesia. Segundo o lugar onde se administren os fármacos, falamos de técnicas centrais sobre a columna (intradural e epidural), sobre as extremidades (bloqueos de membro superior ou inferior) ou sobre a parede abdominal ou torácica (bloqueos fasciales). Todas estas pódense realizar con catéter (principalmente para analxesia postoperatoria) ou cunha dose única de anestésico. Así mesmo poden empregarse como único método anestésico ou en complemento á sedación/ anestesia xeral.

Ningunha anestesia rexional é exacta e non se pode garantir que consiga o efecto desexado, sempre existe a posibilidade de ter que reconverter o procedemento a unha anestesia xeral cos riscos que isto conleva.

 

4. ¿Qué riscos ten a anestesia?

Actualmente a anestesia é moi segura. Con todo, calquera acto médico pode xerar complicacións derivadas do uso de equipos médicos (queimaduras eléctricas, radiacións), da necesidade de administrar fármacos e líquidos (reacción alérxica aínda sen antecedentes alérxicos coñecidos, reaccións secundarias con posible repercusión orgánica) e a administración de sangue ou derivados (que cumpren todas as normas de calidade e seguridade esixidas pola normativa vixente, pero non están exentas do risco de producir reaccións transfusionais leves ou graves e transmisión de enfermidades.

No consentimento informado que vostede le e firma, están descritos os riscos xerais de cada técnica anestésica, aínda que deben ser individualizados e avaliados polo anestesiólogo en función do seu estado de saúde e procedemento cirúrxico.

Os riscos máis frecuentes coa anestesia loco-rexional son: a) reaccións alérxicas aos anestésicos locais e toxicidade, b) Lesión dalgunha estrutura adxacente como consecuencia de punción inadvertida, c) Nos bloqueos centrais (pinchazos na columna) pódense producir alteracións da frecuencia e da presión arterial, dor de costas, hematoma da zona de punción, imposibilidade de realizar a técnica, puncións repetidas por dificultades técnicas, cefalea, dificultade para a micción, náuseas e/ou vómitos.

Os riscos máis frecuentes tras unha anestesia xeral son: a) rotura ou mobilización de pezas dentais b) tremores, pesadelos, ou recordo intraoperatorio, c) lesións oculares, nerviosas ou da pel pola posición cirúrxica. d) náuseas e/ou vómitos postoperatorios, alteracións da frecuencia cardíaca e da presión arterial, e) puncións venosas repetidas, extravasación de soro e flebite, f) pneumonía por aspiración, que é máis frecuente se non se cumpre o xexún recomendado.

 

5. ¿ Que é a consulta de anestesia?

Na consulta de anestesia avaliase o estado de saúde a través da historia clínica (alerxias, enfermidades que padece, tratamentos que está tomando, etc), a exploración física, as probas complementarias realizadas e a avaliación  da vía aérea. A finalidade da mesma é solicitar información  do estado psíquico-físico do paciente, valorar o risco anestésico-cirúrxico, obter o consentimiento informado e informar dos coidados perioperatorios que precisa.

 

6. ¿Qué é o consentimento informado?

A Lei 41/2002, do 14 de novembro, reguladora da autonomía do paciente e dos dereitos e obrigacións en materia de información e documentación clínica, regula o consentimiento informado.

A información que recibe o paciente debe estar reflectida fielmente no documento de consentimiento informado. Debe mostrar: a) a identidade do paciente, se ten capacidade legal para manifestarse ou, no seu defecto, o seu representante legal, b) amosar  as diferentes técnicas anestésicas e os seus riscos.

O anestesiólogo, tras informar adecuadamente ao paciente da técnica anestésica máis adecuada para o seu procedemento, dos riscos da mesma e  tras aclarar as dúbidas que solicite e escoitar as súas preferencias, será quen obterá  o consentimiento. Dito documento será asignado   polo paciente  e o  anestesiólogo. Este documento non exime ao anestesista das súas responsabilidades.

 

7. ¿Podo comer, beber e tomar os medicamentos?

Non se pode comer alimentos sólidos, nin tomar bebidas con polpa nas 8 horas previas a cirurxía.  Polo que se refire os liquidos claros (auga, té, infusións, etc) pode tomar un grolo ata 2 horas antes da cirurxia.  Referente os medicamentos, as normas son diferentes en función do tipo,  polo tanto pregunte na consulta do anestesiólogo e siga as recomendacións que alí se lle dean.

Se non cumpre con esta recomendación, non se poderá realizar a cirurxía.
 

8. ¿Que información debo saber para o día da cirurxía?

Os procedementos cirúrxicos realízanse en quirófanos ou en salas especiais. Para garantir a súa seguridade e obter os mellores resultados, son necesarios equipos compostos por moitos profesionais (enfermeiras, auxiliares, médicos, técnicos e persoal de apoio (celadores, limpadoras, etc) e nos hospitais universitarios tamén hai estudantes  de enfermaría e medicina.

Os quirófanos son espazos onde se coida a limpeza ao máximo para reducir o risco de infeccións. Cando todo está preparado (material, medicamentos, equipos, etc) o paciente entra en quirófano. Faránselle preguntas que xa se fixeron previamente (lista de verificación de cirurxía segura) para evitar erros. Posteriormente procédese á monitorización (colocación de múltiples cables)  que serven para controlar todas as contantes vitais durante a cirurxía. O seguinte paso é a anestesia para poder realizar a cirurxía, estando sempre, independientemente da duración da operación, vixiado por profesionais sanitarios. Finalizada a cirurxía, o anestesiólogo na maioría dos casos desperta o paciente (excepto cirurxías moi complexas, cando hai complicacións, cirurxía moi prolongadas, etc nas que se traslada o paciente intubado).

A maioría dos pacientes van a unha área de Recuperación Postanestésica  e as cirurxías complexas van á Unidade de Reanimación. Un equipo de enfermeiras e anestesiólogos serán os encargados da súa atención ata que cumpra condicións para pasar a unha planta de hospitalización ou, no caso da cirurxía ambulatoria, regresar ao domicilio.