Ir o contido principal
A

16 de Outubro “Día mundial da Anestesioloxia”

DÍA MUNDIAL ANESTESIOLOXÍA

VER VIDEO

O día 16 de Outubro celébrase o “Día mundial da Anestesioloxia”. No ano 2020 AGARYD destacaba a importancia de compartir consellos no traballo para evitar esgotamento e fomentar o benestar de todos os anestesiólogos. Facíamos referencia o noso benestar, porque coa pandemia experimentamos altos niveis de fatiga ocupacional e esgotamento e noso benestar está íntimamente ligado a seguridade do paciente.

Como sociedade científica que representa aos anestesiólogos galegos, este ano queremos dar a coñecer á cidadanía as áreas donde traballamos, porque un 16 de outubro de 1846 en Boston, William Thomas Morton fixo a primeira demostración pública de administración de anestesia e deu inicio a unha das especialidades máis exitosas e polivalentes da medicina moderna.

A anestesioloxía traballa co obxetivo de conseguir benestar e seguridade durante todo o perido perioperatorio. Eso significa levar un doente a través dun proceso cirúrxico dende o seu comenzó até a súa finalización, que é a recuperación funcional completa tras unha agresión cirúrxica; para isto apoiámonos sobre o piar dunha consulta e optimización perioperatoria, uns coidados anestésicos intraoperatorios para manter funcionando correctamente o teu corazón, pulmón, ril, etc, evitando a presenza de nauseas ou vómitos posoperatorios e sen dor, sin esquencernos de proporcionarlle as mellores condicións cirúrxicas, e unha vixilancia postoperatoria proporcional á necesidades particulares de cada procedemento e doente. Todo este proceso englóbase na medicina perioperatoria, concepto que pretende transmitir a visión integral do doente no seu proceso perioperatorio, imbuído á súa vez pola máxima priroización da seguridade do doente, no que somos pioneiros na medicina, e o máximo respeto polos valores do doente, a súa autonomía.

Outra vertente da nosa especialidade é a reanimación ou coidados intensivos anestésicos, a atención aos doentes da máxima gravedade nos que as actuacións rápidas e precisas, pero meditadas con profundidade son de vital importancia. A anestesioloxía é unha da disciplinas nai da medicina intensiva, e con histórico compromiso co espíritu da resucitación cardiopulmonar que tantas vidas salva no noso contorno. Unha atención a tempo salva vidas. O doente crítico cirúrxico ou médico forma parte dos fundamentos da nosa especialidade e non pode ser separado un do outro no noso traballo nun departamento moderno e actualizado como os que desenvolven a súa labor na nosa comunidade.

Formamos parte dos equipos multidiciplinares que tratan o doente con dor crónica A medicina da dor requiere exhaustivos coñementos anatómicos e fisiolóxicos, unha destreza e habilidade técnica profunda como uns valores humanos insobornabeis. Os doentes con dor crónica merecen unha atención da máxima calidade que lles permita sobrelevar e superar o seu sufrimento físico e espiritual, e soamente poderemos alcanzar este obxetivo con grupos de profesionais de diversas orixes coordinados e liderados por médicos anestesiólogos, modelo que no noso país goza dun éxito recoñecibel.

Tampouco podemos esquencer, neste ano que celebramos o centenario do descubrimento da anestesia epidural, a inmensa labor realizada nos paritorios. Toda muller ten dereito a un parto sen dor, ahí estamos os anestesiólogos para cuidarte e ter do nacemento do teu fillo/a o recordó mais agradabel posibel.

Somos polivalentes, pero somos os grandes descoñecidos, por eso resulta difícil pensar que unha especialidade médica tan versátil, flexíbel e completa como a Anestesioloxía. Con orgullo e discreción queremos reinvindicar o noso papel indispensable na medicina actual. A nosa paixón son os doentes, o noso desvelo a súa seguridade, e o noso soño o respeto máximo aos seus valores. Estamos para coidarvos.

Todo o expresado nestas liñas, pode visualizarse no video que adxuntamos.

XUNTA DIRECTIVA DE AGARYD (Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Dor)

Comparte este artigo